En todo o mundo, ata 1 de cada 5
mulleres experimenta algún tipo de trastorno de ansiedade e estado de ánimo
perinatal (PMAD) entre os que se inclúen a depresión posparto, a ansiedade
posparto, o trastorno obsesivo compulsivo posparto, a bipolaridade posparto e a
psicose posparto, no Día Mundial da Saúde Mental Materna desde a Área Sanitaria
de Ourense, Verín e Valdeorras chámase a falar e pedir axuda aos profesionais
sanitarios de referencia ante esta problemática moitas veces oculta, agochada por vergonza ou tabús.
Os síntomas poden aparecer en calquera momento, durante o embarazo e
nos primeiros doce meses despois do parto. Hai opcións de tratamento eficaces e
ben investigadas dispoñibles para axudar ás mulleres a recuperarse. Non si, esta
continúa a ser unha realidade aínda moi oculta, xa que moitas mulleres non se
atreven, o dalles vergonza dicir que non están ben, ou cando o comentan se
minimiza, precisamente porque a idealización do embarazo e a maternidade aumenta
a presión social e o tabú.
Tese sobre a saúde mental perinatal en Ourense
Esta realidade idealizada e os falsos mitos sobre a maternidade e o
embarazo "fai que as nais non se atrevan a facelo público", explica a
matrona do Hospital Público de Verín Belén Vázquez, a súa vez doutora en
psicoloxía, e autora dunha tese pioneira que estudou durante o seu período de
embarazo e posparto a 500 mulleres da área sanitaria de Ourense, detectando que
ata o 14% presentaban depresión maior.
A depresión maior podería ser por tanto moi prevalente, polo que esta
profesional cree necesario dar máis importancia a esta situación e actuar
desenvolvendo protocolos de coordinación e derivación específicos, nos que se
comezou a traballar de xeito multidisciplinar antes da pandemia na Área
Sanitaria, ademáis de aumentando o coñecemento destes trastornos entre os
profesionais.
Igualmente, as organizacións internacionais, que coinciden na
organización do Día Mundial da Saúde Mental Materna, que se conmemora o
primeiro mércores de maio, chaman tamen a estremar a vixilancia ante un aborto espontáneo ou mortinato, xa
que moitas mulleres tamén poden experimentar depresión posparto. Igualmente
ante a prematuridade ou cando os nenos pasan moito tempo nunha Unidade de
Coidados Intensivos Neonatais, xa que tamén pode afectar a saúde mental
materna.
Cando unha muller decide trasladar o seu
malestar psicolóxico, Belén Vázquez aconsella escoitar, nunca minimizar o problema e
poñerse en contacto co profesional sanitario de referencia. Estímase que 7 de
cada 10 mulleres ocultan ou minimizan os seus síntomas. Sen comprensión, apoio
e tratamento, estas enfermidades mentais poden teñen un impacto devastador nas
mulleres afectadas e nas súas parellas e familias.