Urxencias
Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 66 persoas
debido a 49
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de maio, ata as 23,59
horas do domingo, 7 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis
sinistros, con 20 accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061
que
atendeu un total de 66 persoas. A proporción de homes e mulleres
atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos
feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.
Por
provincias, A Coruña foi
a
que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
23
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
6
|
Pontevedra
|
14
|
Galicia
|
49
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes,
o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias
asistenciais de soporte vital básico asistiron en 49 sinistros e os
equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación
das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso
de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.
En
53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente e dúas persoas faleceron no punto.