As enfermidades
raras son un reto para o diagnóstico e o tratamento das mesmas, pois requiren
unha alta sospeita e unha atención coordinada con unidades especializadas que
dean resposta ás necesidades das persoas.
O proceso
asistencial de atención ao síndrome de atrapamento do nervio pudendo que leva a
cabo a unidade de coloproctoloxía do servicio de cirurxía xeral do CHUAC, en
colaboración coa área de radioloxía vascular intervencionista e o comité de dor
pélvica, obtén a certificación de AENOR (Asociación Española de Normalización y
Certificación) que respalda o sistema de xestión da calidade conforme ás norma
ISO 9001:2015.
Este recoñecemento
á atención da calidade chega despois dunha larga traxectoria de experiencia na
abordaxe da patoloxía e dous anos de análise e accións para a mellora da
calidade do proceso de atención.
O Síndrome de
atrapamento do nervio pudendo ou Síndrome de Alcock foi descrito por primeira
vez no ano 1987, cando un ciclista do Tour de Francia acudiu á consulta do
especialista cunha dor incapacitante no territorio do periné. Este síndrome é
unha alteración que provoca unha neuralxia (dor de tipo neuronal) grave no solo
pélvico de difícil diagnóstico. Maniféstase por unha dor intensa e crónica na
zoa perineal, que se agrava ao sentarse, e que é provocado pola compresión do
nervio pudendo dentro da pelve.
O tempo medio para
chegar ao diagnóstico é de catro anos, xa que hai poucos casos, e por iso
require un diagnóstico certeiro, un tratamento cirúrxico específico e un
seguimento e abordaxe da recuperación en colaboración multidisciplinar con
equipos de alta capacitación.
Seguindo a
estratexia de atención na complexidade das enfermidades raras, e centrando a
atención nas necesidades dos pacientes, o CHUAC recolleu hoxe esta
certificación de calidade.