O SERVIZO DE RADIOLOXÍA DO CHUF, CASE TRASLADADO Ó 100% A VINDEIRA SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
14 05 2023

​O traslado ós novos espazos do Servizo de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, no andar -1 do Hospital Arquitecto Marcide, xa estará case completo na vindeira semana, e está a piques de estar xa a pleno rendemento nestes novos espazos. 

Estase a traballar nos novos espazos no andar -1 no eido da Radioloxía Convencional, as urxencias radiolóxicas, a ecografía convencional, a ecografía de mama, a mamografía, os dous novos TAC (o terceiro novo TAC está destinado ó Hospital Naval do Complexo), e unha das novas resonancias, que era un dos primeiros cambios que se realizaba a mediados do mes de abril.

Dos grandes chanzos, quedaría só o traslado do telemando dixital e a activación da nova Resonancia Magnética de 3 Teslas que xa está no andar e na que os profesionais estarán xa a se formar nos vindeiros días. O traslado foi progresivo, primeiro a resonancia, despois a ecografía convencional, a de mama e o mamógrafo. Posteriormente, a Radioloxía Convencional e os TAC, aparatos completamente novos, un deles espectral, que é a máxima tecnoloxía existente neste eido. 

Dende a Área Sanitaria quérese agradecer o traballo dos e das profesionais e a comprensión da poboación, nun traslado progresivo de enorme complexidade e magnitude, e no que se procurou evitar no máximo posible a diminución de probas a realizar. De feito, lembrar que estiveron a funcionar en paralelo os novos e os vellos espazos radiolóxicos.

Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde