COMESAÑA CONVIDA ÁS EMPRESAS GALEGAS A PROMOVER OS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES NO ÁMBITO LABORAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 05 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; visitaron esta mañá as instalacións da compañía de alimentación Congalsa, na Pobra do Caramiñal, con motivo das accións de promoción dos hábitos saúdables que está a desenvolver a empresa entre os seus traballadores.

O titular de Sanidade, puxo en valor o conxunto de iniciativas que está a implementar Congalsa en Galicia, tanto na súa contorna laboral, como nos hábitos alimenticios dos seus traballadores, convidando aos responsables da mesma a exportar estas accións ao resto de factorías que posúe a empresa no mundo.

Comesaña destacou que estas accións están na liña dos programas que desenvolven a Consellería de Sanidade e o Instituto de Saúde e Seguridade Laboral en Galicia (ISSGA), cos seus plans Obesidade Zero e Ola saúde!, respectivamente. Así, avogou por que todas as empresas galegas inclúan esta pautas que inciden no benestar dos seus traballadores.

“É fundamental que todos os axentes sociais, sanitarios e políticos lancemos unha mensaxe común para potenciar as contornas laborais saudables”,precisou o conselleiro.

Durante a súa intervención, Comesaña remarcou que o Plan de Obesidade Zero, que promove a dirección xeral de Saúde Pública, céntrase na prevención do exceso de peso e a obesidade, con medidas como o acceso a alimentos saudables, a revisión dos produtos dispoñibles nas máquinas expendedoras dos edificios públicos ou a promoción de pausas activas.    

Pola súa banda, o director xeral de Congalsa, Luis Miguel Simarro, puxo en valor  que a empresa conta cun Comité Científico conformado por expertos externos e membros de diferentes departamentos da empresa para favorecer que todas as referencias que se lanzan ao mercado sexan “máis saudables, saborosas, sostibles e convivintes tendo en conta, obviamente, todas as políticas de seguridade alimentaria”.

Así, Luis Miguel Simarro explicou algunhas das iniciativas que teñen en marcha como a recomendación, de empregar as escaleiras en lugar do ascensor, ou a través do reparto semanal de froita de tempada entre o cadro de persoal.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde