O Servizo de Traumatoloxía do Hospital
Universitario de Ourense organiza a súa duodécima edición da “Xornada de Pé e
Nocello” á que asisten preto dun centenar de especialistas e residentes en
formación, e que este ano están centradas nas lesións traumáticas de nocello.
Divididas en dúas xornadas de traballo, onte contaron cun obradoiro
para un residentes, sobre vías de abordaxe na cirurxía de pé e nocello, que se
realizaron no Centro de Investigación en Novas Tecnoloxías Cirúrxicas
Minimamente Invasivas, TECMEVA (Tecnoloxías Médicas de Vangarda) no Parque
Tecnolóxico de Ourense, e hoxe no Salón de Docencia Cabaleiro Goás, con
relatorios e casos prácticos, da fractura á artrose de nocello.
Organizada baixo o auspicio da Sociedade Galega de Cirurxía
Ortopédica e Traumatoloxía (SOGACOT) e da Sociedade Española de Medicina e
Cirurxía do Pé e Nocello (SEMCPT) as xornadas son un curso de actualización e
posta en común, que permite compartir experiencias de profesionais de todo o
país ante as sempre complexas lesións de pé e nocello, desde novas técnicas
cirúrxicas á súa evolución ou tratamentos.
Os organizadores son os traumatólogos Antonio Fernández Cebrián e
Silvia Villardefrancos Gil que contan novamente coa presenza de Manuel
Monteagudo, especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía da clínica
Quirón de Madrid, Enrique J Sanchez-Morata do Hospital Universitario 12 de
Octubre, e Jesús Vila i Rico, experto tamén en cirurxía de pé e nocello no
Hospital Ruber Internacional.