O CHUAC, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN STANPA, PON EN MARCHA O PROGRAMA DE AUTOCOIDADO “PONTE GUAPA, SENTIRASTE MELLOR” PARA MULLERES CON CANCRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 05 2023
 

O CHUAC, en colaboración coa Fundación Stanpa, pon en marcha os talleres do programa “Ponte guapa, sentiraste mellor” coa celebración do segundo taller en liña para pacientes do centro sanitario.

O programa ten como obxectivo proporcionar ás persoas con cancro, en tratamento nos hospitais de día de oncoloxía e onco-hematoloxía, unha atención integral, complementando a asistencia sanitaria con iniciativas que consigan o mellor beneficio terapéutico abordando o impacto da enfermidade na imaxe persoal e social, proporcionando axuda no coidado persoal como parte do plan de coidados terapéuticos.

O programa “Ponte guapa, sentiraste mellor” e a súa crecente presenza é un reflexo do compromiso entre a Fundación Stanpa e os centros hospitalarios implicados polo coidado e benestar dos pacientes oncolóxicos que, a través da aprendizaxe de técnicas para coidar a súa pel e maquillarse, conseguirán diminuír ou evitar algúns efectos secundarios dos tratamentos sobre a pel e recuperar o seu aspecto natural para mellorar a súa autoestima.

Durante os talleres, esteticistas e maquilladoras profesionais voluntarias ensinan aos pacientes para coidar a súa pel e a maquillarse durante o tratamento.  Neles, os profesionais utilizan produtos doados por máis de 30 empresas fabricantes de cosméticos, patróns e colaboradores da Fundación, que compoñen un neceser de cosméticos de limpeza, tratamento e maquillaxe, entregado gratuitamente a cada participante. O programa é gratuíto, non médico e neutro respecto a as marcas e produtos utilizados sen finalidade promocional nin publicitaria.

Como novidade, púxose en marcha unha nova iniciativa, Fundación Stanpa Men, co obxectivo de chegar aos pacientes masculinos ofrecéndolles sesións de formación específicas sobre o coidado da pel durante o tratamento oncolóxico, que terán lugar en todos os centros hospitalarios adscritos ao Programa. Tomando as rendas da súa propia imaxe, os pacientes séntense mellor e teñen unha actitude máis positiva ante a enfermidade. Ademais, estas sesións son unha excelente forma para aprender e compartir experiencias.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde