Santiago de
Compostela, 31 de maio de 2023.- A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza
súmase aos actos con motivo do Día Mundial se Tabaco que convoca a OMS co
propósito de destacar os riscos para a saúde que ocasiona o fumar, así como
promover accións encamiñadas a reducir o seu consumo.
Con tal
motivo instalouse unha mesa informativa no Hospital Clínico ao longo da mañá
dirixida aos doentes e visitantes na que se realizaron medicións de
concentración de monóxido de carbono en aire exhalado.
Profesionais
sanitarios da área tamén repartiron material informativo en todos os centros de
saúde e emitiu vídeos para concienciar dos danos do tabaco nas pantallas das consultas
externas e zonas comúns das instalacións sanitarias.
A xerente da área, Eloína Núñez, a subdirectora de humanización, María José
Menor, a subdirectora de Calidade, Beatriz Pais e o responsable da Consulta Antitabáquica do
Servizo de Pneumoloxía, Carlos Rábade, entre outros profesionais sanitarios e
outros membros da comisión de tabaco, participaron na oferta de información aos
pacientes e nas medicións que fixeron na mesa do Clínico.
Na Aula hospitalaria de pediatría fixéronse actividades relacionas coa
temática e realizouse un concurso de debuxos no que todos os nenos foron
premiados, debuxos que expostos na entrada do hospital.
Este ano o día mundial leva por lema “cultivemos alimentos, non tabaco”. Esta
campaña pretende animar a poñer fin ás subvencións ao cultivo de tabaco e
utilizar os recursos aforrados para axudar aos agricultores a cambiar a
cultivos máis sostibles que melloren a seguridade alimentaria e a nutrición.
A OMS recorda que fumar prexudica á saúde pulmonar de diversas formas, xa
que causa cancro de pulmón, enfermidade pulmonar obstructiva crónica (EPOC) ou
pode empeorar a tuberculose. Amais, os nenos expostos a tabaco alleo poden
sufrir ou empeorar de asma, pneumonía, bronquiolite e infeccións respiratorias
das vías baixas.
En España o estudo EDADES revela que o consumo de drogas se estabilizou,
salvo no caso de cannabis e o tabaco.
E o aumento e maior en mulleres e adolescentes.
O tabaquismo é unha
enfermidade e unha epidemia que afecta a máis de 1.000 millóns de persoas no
mundo e causa 7 millóns de mortes ao ano, 900.000 das cales corresponden a
persoas non fumadoras que respiran fume de tabaco alleo. É a principal causa de
enfermidade e mortalidade evitable no noso medio. Cada ano morren en España
unas 50.000 persoas por enfermidades provocadas polo consumo de tabaco.
Estímase que cada ano morren en España arredor de 2.500 persoas non fumadoras
que respiran fume.
En Galicia, as cifras de
prevaleza de fumadores diarios -en poboación maior de 16 anos- é do 16%,
chegando a un 21% no grupo de idade entre 25 e 44 anos.
Área de Santiago
A prevaleza de consumo
de tabaco na Área Sanitaria de Santiago é do 21% e a de exfumadores do 28%. É
dicir, unha de cada 5 persoas adultas é fumadora na actualidade, e unha maior
proporción xa deixou de fumar. A prevaleza de consumo segue sendo máis alta nos
homes ca nas mulleres (27% fronte a un 16%). Tendo en conta a idade, o grupo
con maior prevaleza é o de 25 a 44 anos cun 30 %.
A Área Sanitaria de
Santiago, quere neste día sumar a súa voz á dos milleiros de organismos
nacionais e internacionais, que defenden políticas eficaces para axudar a
reducir o consumo de tabaco, a principal causa responsable de mortes evitables.
Saúdos