​COMESAÑA INCIDE NA PREVENCIÓN DOS FACTORES DE RISCOS DA ARTERIOSCLEROSE E INSISTE NA NECESIDADE DE FOMENTAR OS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
14 06 2023
 


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou esta tarde no Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO), o XXXV Congreso da Sociedad Española de Arteriosclerosis. Un acto no que incidiu na importancia da prevención dos factores de risco desta patoloxía, así como na necesidade de fomentar os hábitos de vida saudable entre a poboación.

O máximo responsable da Sanidade galega lembrou o conxunto de programas que o Executivo galego leva posto en marcha nos últimos anos, destacando o Plan Obesidade Zero e o recentemente presentado, Programa Inspira Saúde.

Durante o acto inaugural, García Comesaña salientou que é preciso seguir a traballar, de xeito preventivo, en todas aqueles factores que incrementan as posibilidades de que unha persoas contraía esta patoloxía. Entre eles, o tabaquismo, a hipertensión ou a dislipemia.

Así, precisou que reducir o consumo de tabaco e avanzar na detección precoz do cancro de pulmón, forman parte das liñas de acción nas que está a traballar o departamento sanitario da Xunta.

Entre os días  14 e o 16 de xuño, a Coruña acollerá a expertos nacionais dos ámbitos da  Endocrinoloxía, a Nutrición, ou a Medicina Interna -entre outras especialidades-, para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro na abordaxe dunha enfermidade que se caracteriza polo endurecemento e a perda de elasticidade das arterias. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde