O SALÓN DE ACTOS DO CHUAC REÚNE AOS MAIS PRESTIXIOSOS CARDIÓLOGOS PARA DEBATER OS AVANCES DAS CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 06 2023
Hoxe dia 16 e mañá día 17 de xuño, o salón de Actos do CHUAC acolle a expertos nacionais e internacionais do ámbito da cardiopatía conxénita, para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro na abordaxe deste tipo de enfermidades.

As cardiopatías conxénitas son a consecuencia dunha malformación do corazón ou dos vasos sanguíneos que envolven este músculo.

Normalmente son diagnosticadas en idades temperás o que permite controladas e tratalas dende a infancia. A tendencia actual é o diagnóstico prenatal gracias ás novas técnicas de ecografía fetal, que permiten un diagnóstico moi precoz ademais da programación das actuacións posteriores dun xeito integral.

Desde o ano 1998, o Hospital Universitario da Coruña conta cun programa estable de tratamento das cardiopatías conxénitas, o que fai que sexa centro de referencia tanto a nivel autonómico, como nacional.

A asistencia a este tipo de pacientes realízana cardiólogos e pediatras moi especializados, o que conleva uns coñecementos e experiencia moi específica.

A esta xornada asistirán especialistas tan relevantes no ámbito da Cardioloxía como o Dr. Oktay Tutarel, do German Heart Centre Munich & Technical University of Munich; o Profesor Wei Li, do Royal Brompton Hospital, Imperial College of London; ou o Dr. Rafael Alonso González, do Toronto Congenital Cardiac Centre for Adults, Ontario.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde