O CONSELLEIRO DE SANIDADE ASINA UN ACORDO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZO ENTRE PORTUGAL E GALICIA PARA O DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO EN IMAXE MÉDICA PET
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 06 2023

Cinco entidades portuguesas (centros de investigación e tecnolóxicos, hospitais, universidades e empresas), xuntamente con seis entidades galegas, asinaron hoxe un acordo de cooperación para desenvolver unha rede de colaboración luso-galaica de tecnoloxía e servizos de imaxe médica de tomografía por emisión de positróns (GallaeciaPET). O acto da sinatura tivo lugar na sala do Senado da Universidade de Coimbra, coa presenza, entre outros, do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e do vicerreitor da Universidade de Coimbra, Joao Nuno Calvao.

A cooperación entre socios transfronteirizos permite expor grandes desafíos tecnolóxicos. Deste xeito, a rede Gallaecia-PET permitirá coordinar e aumentar significativamente as diferentes capacidades existentes en ambas as rexións en tecnoloxía de imaxe médica PET, desde a investigación preclínica e desenvolvemento de radiofármacos, ata o seu uso clínico.

Entre as entidades asinantes atópanse empresas e centros de investigación da eurorrexión:  Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade; a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS); o Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela; a Universidade de Vigo; a Universidade de Aveiro; o Instituto Politécnico de Coimbra (IPC); o Instituto de Ciencias Nucleares Aplicadas á Saúde (ICNAS-Pharma); o Laboratorio de Instrumentaçión e Física Experimental de Partículas (LIP), Qubiotech Health Intelligence SA; Radiation Imaging Technologies Lda. (RI-CHE); e ATI Sistemas SA.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde