O CHUAC ÚNESE Á CAMPAÑA “MESMO CORAZÓN, DISTINTAS CARAS” PARA CONCIENCIAR SOBRE A IMPORTANCIA DA DETECCIÓN TEMPERÁ DA INSUFICIENCIA CARDÍACA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 06 2023
Poñer cara aos distintos profesionais involucrados na atención da insuficiencia cardíaca (IC) e dar voz ás persoas con esta patoloxía é o obxectivo da iniciativa coa que hoxe amenceu o Hospital Abente y Lago. Este hospital, xunto con outros nove repartidos pola xeografía española, revelaron de forma simultánea as diferentes caras da insuficiencia cardíaca ao presentar un cubo informativo de grandes dimensións nas súas institucións, como parte da campaña de concienciación “Mesmo corazón, distintas caras”.

A insuficiencia cardíaca é un síndrome prevalecente que conta cunha elevada morbimortalidad e cada ano lévase a vida de case 20.000 persoas en España, ademais de limitar en gran medida a calidade de vida das persoas afectadas ao impedirlles realizar as actividades máis rutineiras como subir escaleiras ou mesmo durmir.

O diagnóstico temperá e correcto da insuficiencia cardíaca é o punto de partida para a abordaxe multidisciplinar e integral, que ten como obxectivo reducir as hospitalizacións e a mortalidade.

Ademais, datos actuais estiman que 1 de cada 5 persoas desenvolverá insuficiencia cardíaca ao longo da súa vida e, en España, esta patoloxía posiciónase como a 1ª causa de hospitalización en maiores de 65 anos o que supón -aproximadamente- o 5% de todas as hospitalizacións.

Neste sentido, saber máis acerca desta patoloxía é unha necesidade para máis do 85% dos galegos, quen indicou, a través dunha enquisa poboacional sobre a insuficiencia cardíaca no país, que non hai suficiente información sobre a afección.

Ante esta situación, e co obxectivo de concienciar sobre a importancia do diagnóstico temperán da insuficiencia cardíaca, o CHUAC foi elixido para levar a cabo esta campaña, xunto a outros hospitais españois como o Virxe da Vitoria e Virxe do Rocío (Andalucía); o Hospital Miguel Servet (Aragón); o Hospital Clínic de Barcelona; o Hospital Universitario de Bellvitge; o Hospital Universitario Germans Trias i Pujol de Badalona; o Hospital Universitario Vall d'Hebrón de Barcelona; o Hospital Universitario de Gran Canaria Dr. Negrín (Illas Canarias); e o Hospital Universitario 12 de Outubro (Madrid).

“No noso centro todos os profesionais que traballamos en insuficiencia cardíaca buscamos brindar unha atención multidisciplinar, centrada no paciente, que promova o autocoidado e mellore o coñecemento da enfermidade, xa que sabemos que a detección precoz dos síntomas de descompensación reduce significativamente as hospitalizacións. Na poboación mais anciá son especialmente relevantes os obxectivos de melloría de funcionalidade e calidade de vida, así como establecer circuítos asistenciais que fagan o acceso ao sistema o mais sinxelo posible”, comenta Beatriz Seoane, médico da Unidade de Manexo Integral do Paciente con Insuficiencia Cardíaca. Servizo de Medicina Interna. Hospital Universitario de A Coruña.

Coñecer os principais síntomas da insuficiencia cardíaca, acudir a especialistas e tomar medidas para unha mellor xestión da patoloxía son clave para garantir unha mellor calidade de vida dos pacientes e contribuír a un modelo de xestión máis sostible para o sistema sanitario.

“A insuficiencia cardíaca (IC) é un problema sanitario moi importante, pola súa alta prevalencia, elevada morbimortalidade e gasto sanitario. Pódese definir como a incapacidade do corazón de bombear sangue en cantidade suficiente para abastecer as necesidades do organismo. Este síndrome pode desenvolverse a partir de calquera enfermidade do corazón, con mecanismos fisiopatolóxicos diferentes, ao igual que os pacientes que a padecen.

As boas noticias son que nos últimos anos houbo espectaculares avances no diagnóstico e no tratamento, posibilitando unha melloría na supervivencia e calidade de vida dos pacientes. Los tratamentos son variados e inclúen fármacos (moitos), dispositivos imprantables, intervencións cardíacas percutáneas, cirurxía cardíaca e, finalmente, para situacións mais avanzadas, o transplante cardíaco (TC) e a asistencia mecánica circulatoria (AMC) de longa duración”, destaca Marisa Crespo Leiro, Xefa da sección de Insuficiencia Cardíaca Avanzada. Servizo de Cardioloxía. Hospital Universitario da Coruña.

O diagnóstico precoz, a caracterización correcta do "fenotipo" de cada paciente (etioloxía, fisiopatoloxía e comorbilidades), o tratamento individualizado, a planificación e seguimento do paciente con participación dos diferentes niveis asistenciais e a implicación do paciente no seu autocoidado, son as claves do éxito”, engade Marisa Crespo Leiro, Xefa da sección de Insuficiencia Cardíaca Avanzada. Servizo de Cardioloxía. Hospital Universitario da Coruña.

“A abordaxe da insuficiencia cardíaca segue sendo un desafío para o sistema sanitario e cada día vemos máis relevante que se promovan accións de concienciación social que brinden ferramentas tanto á poboación, como pacientes, coidadores e profesionais sanitarios para unha mellor xestión desta patoloxía. A través estas iniciativas alzamos a voz e remarcamos a importancia de facer visibles os retos asociados á insuficiencia cardíaca desde diferentes ángulos", indica Tomás Fajardo Sarret, presidente da organización de pacientes Cardioalianza.​ 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde