O DIRECTOR XERAL DE ASISTENCIA SANITARIA DO SERGAS PARTICIPA NUNHA XORNADA SOBRE A XESTIÓN DAS ENFERMIDADES CRÓNICAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 06 2023
 

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, participou hoxe, na sede do Colexio de Médicos de Sevilla, na VI Xornada sobre a Xestión das Enfermidades Crónicas, dirixida a profesionais, xestores e representantes da Administración do sector sanitario. A xuntanza ten por obxecto analizar a xestión actual das enfermidades crónicas e buscar a mellora da organización co obxecto de responder ao reto da cronicidade, adaptando e optimizando a utilización dos medios dispoñibles e aumentando a responsabilidade dos xestores, os profesionais sanitarios e a poboación en xeral. 

O director xeral do Sergas participou na primeira das mesas, na que se abordou o tema da promoción da saúde e a prevención das enfermidades crónicas. Xunto ao representante galego falaron a directora xeral de Asistencia Sanitaria da Xerencia Rexional de Saúde de Castela-León, Silvia Fernández Calderón; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Andaluz de Saúde, Luis Martínez Hervás; e a subdirectora xeral de Planificación en Saúde do departamento de saúde de Cataluña, Ariadna Mas i Casals. A mesa estivo moderada pola directora xeral de Humanización, Planificación, Coordinación e Coidados do Servizo Andaluz de Saúde, Inmaculada Vázquez Cruz.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde