SANIDADE EXPLICA ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DA MESA SECTORIAL OS RESULTADOS DO XIDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 06 2023

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, explicou hoxe, na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada en San Lázaro, os resultados da aplicación do sistema XIDE, que ten por obxectivo axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas en atención primaria.

A reunión, na que tamén estivo presente a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez, foi moi positiva, sinalándose que Sanidade reuniuse xa en varias ocasións con todos aqueles profesionais implicados na aplicación desta ferramenta, consensuada por un equipo de profesionais sanitarios do Sergas. 

O departamento sanitario galego remarca que a área administrativa dos centros de primaria é moi importante para que todo funcione correctamente e, ao dar unha cita ordenada e non xeneralista por parte do profesional administrativo, sen que haxa rutas intermedias, repercute no resto de categorías, atendéndose o que está dentro de cada unha delas. En consecuencia, o departamento sanitario galego subliña a importancia de ordenar a demanda para un funcionamento correcto do sistema.

Os resultados do XIDE están a ser moi positivos, posto que diminúen as citas forzadas e tamén diminúe a demanda nas consultas dos médicos, posto que, antes do XIDE, un 90% das consultas eran para o médico e agora van o 50%, e o resto ás categorías que teñen que ir.

O obxectivo do XIDE é, por  tanto, un funcionamento mellor do equipo de primaria e que a cidadanía se vexa beneficiada desta medida.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde