Tempo de
colleita estes días nas hortas terapéuticas que coidan os e as
pacientes do Hospital de Día de Psiquiatría de Ourense, como parte do seu
programa de rehabilitación e terapia, unha labor integral que aporta unha
experiencia lúdica e positiva, especialmente emocional nestes días nos que
poden disfrutar do traballo de todo o ano.
A experiencia comezou en plena pandemia, xusto
á saída do confinamento, para dar resposta á necesidade de manter as terapias
grupais, a sociabilización e o exercicio físico, nun ámbito seguro para os
pacientes, por medio do coidado da horta terapeútica, situada na cuberta do
novo edificio de hospitalización, onde tamén se desenvolvían ao ar libre as
terapias grupais, despois dunha andaina con saída e volta ao hospital.
Desde hai xusto un ano as posibilidades de
traballo e semente ampliáronse ao acceder a unhas das parcelas das hortas
ecolóxicas municipais de Mariñamansa, por medio dun convenio coa Concellería de
Medio Ambiente. O novo terreo permitíu establecer unha ruta para ir andando
desde o hospital dun a outra horta, aumentando tamén as posibilidades de
cultivo, botando patacas, tomates e calabacíns.
Fonte de saúde física e mental
Os beneficios da xardinería e a horticultura
están ben documentados na literatura científica, tanto cara os beneficios
epixenéticos e de lonxevidade, da que da
mostras a nosa provincia, como fonte de benestar e satisfacción persoal en
xeral, especialmente cando é grupal, xa que permite a socialización, facilita
ampliar a rede social, obter experiencias emocionais positivas e reducir o
estrés, de gran axuda no tratamento complementario das enfermidades mentais.
Os pacientes con trastornos mentais graves
presentan ademais un aumento de vulnerabilidade á hora de adoptar estilos de
vida perxudiciais, debidos ao sedentarismo, tabaquismo e mantemento de malos
hábitos dietéticos. Na perpetuación destes hábitos de vida hai varios factores,
dunha banda o tratamento antipsicótico, que supón un factor de risco para o
desenvolvemento de obesidade e síndrome metabólico, e doutra a enfermidade
mental mesma que provoca abulia e anhedonia, apatía e dificultade para
disfrutar das cousas agradables da vida, que dificultan o mantemento da
actividade física.
As andainas dos pacientes de saúde mental e
seu traballo na horta terapeútica son xa unha presenza habitual no hospital,
dando vida a unha cuberta que serve de espazo de desconexión para os
profesionais, que desenvolven neste espazo reunións de traballo ou sesións, de
traballo de rehabilitación con pacientes de pneumoloxía ou traumatoloxía, ou de
conexión co ar libre, doutros doentes con longas estanzas no hospital, ou
incluso para encontros familiares nun ambiente máis amable.
Compromiso dos profesionais
Para asumir dentro da programación do Servizo
de Psiquiatría é indispensable o compromiso e entusiasmo dos profesionais do
seu Hospital de Día que os acompañan e alentan, desde a psiquiatra e o
psicólogo clínicos, á enfermeira, e ás técnicas de coidados auxiliares de
enfermería, aprendendo para poder servir de axuda aos pacientes tamén nesta
faceta.
Nesta labor de rehabilitación e integración
colabora tamén a Sección de Alimentación e Cociña do Hospital Universitario que, da man do seu xefe de sección, Antonio Pazos,
acolle aos pacientes nunha clase de cociña saudable, que se desenvolve unha vez
ao mes e que hoxe se despiden cunha pizza ata setembro.