O 061 DE GALICIA ASISTIU 73 PERSOAS POR 56 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 07 2023
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 73 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 30 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de xullo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 73 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72% e do 28% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 26 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

26

Lugo

4

Ourense

3

Pontevedra

23

Galicia

56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde