OS NOVOS HOSPITAIS DE DÍA DE HEMATOLOXÍA E POLIVALENTE DO CHUAC ESTRÉNANSE CON TOTAL NORMALIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 07 2023

O pasado día 30 de xuño trasladáronse os Hospitais de Día de Hematoloxía e de Polivalentes dende a súa ubicación no andar baixo, ás novas instalacións situadas catro prantas enriba, 4º andar do Hospital Universitario da Coruña, comezando a funcionar nas mesmas hoxe luns día 3 de xullo.

Hospital de Día de Hematoloxía

Estes novos espazos contan con 6 salas de consulta, 20 postos de tratamento e 4 camas, das que 2 son de illamento.

A posta en marcha desde hospital de día permitirá ter aos pacientes hematolóxicos nun espazo propio, o que redundará nun considerable aumento dos preto de 7.000 procedementos realizados o pasado ano, e progresar na ambulatorización de procesos evitando ingresos hospitalarios.

Hospital de Día Polivalente

Estes novos espazos contan con 30 postos para a administración de tratamento, 6 camas, ademais de 8 salas de consulta e 9 puntos de atención clínica.

A posta en marcha desde hospital de día, permitirá aumentar os máis de 8.000 tratamentos administrados o pasado ano e continuar co desenvolvemento dunha estratexia baseada na ambulatorización. Para elo contará cunha organización funcional orientada á xestión dos procesos asistenciais con maior impacto na xestión do paciente ingresado.

Hospital de Día de Oncoloxía

O pasado día 6 de maio trasladouse o Hospital de Día de Oncoloxía dende o Hospital Teresa Herrera ás novas instalacións situadas no 4º andar do Hospital Universitario da Coruña, comezando a funcionar nas mesmas o luns día 8 de maio.

Este novo espazo conta con 42 postos para a administración de tratamentos oncolóxicos, dos que 6 son camas, ademais de 16 salas de consulta.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde