​O 061 DE GALICIA ASISTIU 78 PERSOAS POR 55 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 07 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 7 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, 9 de xullo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 21 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56% e do 44% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas


Provincia

Accidentes

A Coruña

24

Lugo

4

Ourense

7

Pontevedra

20

Galicia

55

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 60 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.


En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde