​URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061 INSISTE EN CONDENAR FIRMEMENTE AS SABOTAXES E NA NECESIDADE DUN COMPORTAMENTO RESPONSABLE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 07 2023
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insiste en condenar firmemente as sabotaxes realizadas contra as ambulancias asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente, incluso en datas como onte, nas que non existía convocatoria de folga. Ademais, lembra a necesidade dun comportamento responsable durante a negociación do convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.

A negociación do convenio colectivo de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia de Galicia constitúe un asunto estritamente privado, das empresas do sector e das organizacións sindicais con representación nas mesmas, que debe ser compatible co respecto aos bens e as persoas.

Picadas nas rodas

Á marxe da convocatoria de xornadas de folga, desde as 00.00 horas ata as 23.59 horas de onte, sábado 8 de xullo, rexistráronse sabotaxes con picadas nas rodas en 20 ambulancias asistenciais da Rede de transporte sanitario urxente con base nos concellos de Ordes, Sada, Tomiño, Vimianzo, Vilalba, Santiago, Carballo, Pontevedra, O Porriño, Baiona, A Coruña (en catro ocasións) e Vigo (en seis ocasións). Todos os vehículos substituíronse no menor tempo posible e seguiron prestando asistencia sanitaria con normalidade.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúa a traballar, de xeito responsable e comprometido coa poboación, para garantir a cobertura sanitaria ás urxencias e ás emerxencias, e que as continuas sabotaxes non prexudiquen nin a calidade do servizo nin o dereito dos cidadán a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde