O CHUAC UTILIZA POR VEZ PRIMEIRA EN GALICIA A CIRURXÍA ROBÓTICA NUN RAPAZ MENOR DE IDADE CUNHA MALFORMACIÓN DOS CONDUTOS BILIARES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 07 2023

O pasado mes de xuño, un equipo multidisciplinar do CHUAC formado por profesionais dos servicios de cirurxía xeral e dixestiva e cirurxía pediátrica, utilizaron por vez primeira o robot DaVinci para corrixir unha malformación dos condutos biliares a un rapaz de 10 anos.

O paciente sufría una malformación conxénita dos condutos biliares que ante o risco de malignización a opción terapéutica mais aconsellable era a extirpación e posterior reconstrución destes.

O paciente atópase dado de alta no seu domicilio e a súa evolución e moi satisfactoria.

A abordaxe habitual desta patoloxía é mediante cirurxía convencional, aínda que en centros avanzados en cirurxía minimamente invasiva, os resultados obtidos mediante a abordaxe laparoscópica é igual de satisfactoria e cunha recuperación máis rápida.

O sistema cirúrxico DaVinci permite realizar estes procedementos con maior precisión e control xa que proporciona un sistema de visualización 3D de alta definición, con gran ampliación e detalle do campo cirúrxico. O cirurxián controla os brazos do robot desde unha consola, que traduce os movementos das súas mans en movementos precisos e escalados.

Este nivel de precisión permite a manipulación precisa de estruturas delicadas reducindo o risco de complicacións. O cirurxián pediátrico opera pacientes de pequeno tamaño con estruturas acordes, delicadas e moito menos resistentes que nos adultos, e en proceso de crecemento, polo que os beneficios da implantación da cirurxía co robot DaVinci son indubidables, a pesar do pequeno tamaño dos tecidos, vísceras e órganos destes pacientes.

Dada a experiencia acumulada no CHUAC en pacientes adultos en cirurxía hepática, co doutor Javier Aguirrezabalaga á cabeza, faise fundamental a colaboración cos mesmos para iniciar os programas de cirurxía robótica en nenos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde