A XUNTA RENOVA 10 ECÓGRAFOS NOS SERVIZOS DE XINECOLOXÍA E OBSTETRICIA DOS HOSPITAIS DA ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE CUN INVESTIMENTO DE 850.000 EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 08 2023
A Xunta de Galicia está nestes momentos a instalar un total de 58 novos equipos de ecografía nos servizos de xinecoloxía e obstetricia das sete áreas sanitarias galegas. O Servizo Galego de Saúde formalizou en xuño por un importe total de 4,1 millóns de euros os contratos coas empresas adxudicatarias da licitación deste material autorizada polo Consello da Xunta en decembro do pasado ano.

 Investimento de 850.000 euros nos hospitais de A Coruña e Cee

En concreto, o hospital Teresa Herrera de A Coruña contará con oito novos ecógrafos e o hospital comarcal de Cee verá renovados dous equipos. En total, o investimento nesta área sanitaria ascende a 850.000 euros.

Renovación de tecnoloxía diagnóstica

Estes contratos forman parte do proceso de renovación do equipamento sanitario emprendido nesta lexislatura e ao que a Xunta de Galicia está destinando boa parte dos fondos europeos que recibe. Así, o equipamento obxecto destes expedientes de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

Actividade

Xinecoloxía e obstetricia son as dúas disciplinas dunha única especialidade médica. Obstetricia fai referencia á atención á muller durante o período de embarazo, parto e puerperio. No caso da muller embarazada, os exames de ultrasóns son realizados para detectar os casos de maior risco de problemas maternos ou fetais. Ademais, teñen como obxectivo máis específico obter unha apreciación das características e conformación xeral do bebé. Os médicos recomendan a realización de entre tres e catro ecografías ou ultrasóns para ver a evolución do bebé nas diferentes etapas da súa xestación nun embarazo normal.

Por outro lado, a xinecoloxía é unha das especialidades médicas máis demandadas. Desde o inicio das relacións sexuais, o ben a partir dos 18 anos, é recomendable realizar revisións xinecolóxicas nas que a ecografía é unha proba complementaria básica polo seu carácter non invasivo, indoloro e inocuo.

Nos hospitais da área sanitaria da Coruña e Cee traballan máis de 50 facultativos en obstetricia e xinecoloxía, cunha poboación de referencia de máis de 265.000 mulleres maiores de 14 años. Neles realízanse, anualmente, máis de 7.000 primeiras consultas; máis de 33.000 consultas sucesivas; máis de 2.900 cirurxías; e máis de 2.190 partos (entre partos vaxinais y cesáreas). Na práctica totalidade das atencións a ecografía é fundamental.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde