A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE AGRADECE A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE DOARON SANGUE NO CONCELLO DE SANXENXO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 08 2023

O alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu na mañá de hoxe a doar sangue á unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que se instalou na Praza dos Barcos, acto no que estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa López García.

Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece ao Concello de Sanxenxo o seu compromiso e colaboración para lograr un número axeitado de doazóns de sangue, facéndoo extensivo a toda a cidadanía galega que, nalgún momento das súas vidas, doaron sangue para o correcto funcionamento dos hospitais galegos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde