A XUNTA REFORZA A VIXILANCIA DO MOSQUITO TIGRE NOS CONCELLOS DE MOAÑA, VIGO E CANGAS E A AMPLÍA DE MANEIRA PREVENTIVA AOS DE BUEU E VILABOA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 08 2023

O comité técnico para a abordaxe da aparición do mosquito tigre celebrou, no día de onte, unha nova reunión. Ademais dos intercolutores habituais sumouse ao comité o Concello de Vigo. Esta reunión centrouse en actualizar a información dos distintos compoñentes do comité. 

Remarcar que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade está a reforzar a vixilancia do vector nos concellos de Moaña, Vigo e Cangas. Esta vixilancia vaise ampliar de maneira preventiva aos concellos de Bueu e Vilaboa.

Así mesmo, para reforzar o coñecemento sobre a vixilancia e control do mosquito tigre por parte dos técnicos dos concellos implicados, a Escola Galega de Saúde Pública organizará o vindeiro xoves, día 31, unha formación específica na Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, na que participarán expertos en sanidade ambiental, epidemioloxía e entomoloxía.

A próxima reunión do comité volverase a celebrar nun prazo de 15 días.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde