A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA A DOAR NESTA FIN DE SEMANA DE AGOSTO E RECALCA A IMPORTANCIA DE INCREMENTAR AS DOAZÓNS DO GRUPO CERO NEGATIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 08 2023

A Axencia de doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nesta fin de semana, en especial as persoas do grupo cero negativo, cuxas reservas se atopan en niveis baixos.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue e conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.

Doar é moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días  máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATA

CONCELLOS

Vernes 25 de agosto

Fene, Cee, Cantón-Obelisco ( A Coruña), Rianxo, Touro, Vilagarcía, Tui, Rúa Barcelona (Vigo), Vilalba, Allariz

Sábado 26 de agosto

Fene, Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Vilagarcía, Tui, A Pastoriza, Riotorto

Luns 28 de agosto

San Sadurniño, Bº Os Mallos (A Coruña), Coristanco, Bembibre (Val do Dubra), Melide, Portas, Meis, O Rosal, Zona As Travesas (Vigo), Xermade, Xove, Rúa do Paseo (Ourense), Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar

Ademais, tamén se pode​ doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas


Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde