O 061 DE GALICIA ASISTIU 74 PERSOAS POR 53 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA DA OPERACIÓN RETORNO DO VERÁN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 09 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana da Operación Retorno do Verán 74 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 1 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de setembro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 19 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60% e do 40% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


Provincia

Accidentes

A Coruña

23

Lugo

8

Ourense

4

Pontevedra

18

Galicia

53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde