OS HOSPITAIS GALEGOS PRECISAN AUMENTAR AS RESERVAS DOS GRUPOS SANGUÍNEOS A POSITIVO E 0 NEGATIVO E ADOS SOLICITA A XENEROSIDADE DA CIDADANÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 09 2023

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial.

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns,  pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:


DATA

CONCELLOS

Martes 12 de setembro

Praza de España (Ferrol), San Pantaleón (Paderne) e Paderne, A Laracha, Gaiteira/ Os Castros (A Coruña), Milladoiro (Ames), Arzúa, Porriño, Navia (Vigo), Ribadeo, Dozón, O Irixo, San Cristovo de Cea.

Mércores 13 de setembro

Pontedeume, Catro Camiños e Monte Alto (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roxa (Santiago), Ferraría (Pontevedra), O Calvario e Valadares (Vigo), Praza Horta do Seminario e Praza Maior (Lugo), Lugo, A Cañiza

Xoves 14 de setembro

Mugardos,Cambre, Bº Vila Negreira (A Coruña), Area Central (Santiago), Praza Roxa (Santiago), Bueu, Ponteareas, Teis (Vigo), Viveiro, O Posio (Ourense)

Venres 15 de setembro

Oza dos Rios, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Boiro, Lestedo (Boqueixón), Marín, Ponteareas, Teis (Vigo), Lourenza, O Couto (Ourense).

Sábado 16 de setembro

Neda, Arteixo, Boiro, Marín, Rúa Príncipe (Vigo), Ronda das Fontiñas (Lugo)

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:



CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábado das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE

Luns e venres das 8:00 ás 15:00 horas


HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas


HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde