​O 061 DE GALICIA ASISTIU 59 PERSOAS POR 48 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 09 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 59 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 15 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de setembro. O sábado e o domingo foron os días que rexistraron máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 59 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% e do 50% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

19

Lugo

4

Ourense

4

Pontevedra

21

Galicia

48

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde