CONSTITUÍDA A MESA SECTORIAL DO SERGAS CO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE PERSOAL EN MARCHA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 09 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu esta mañá á constitución da mesa sectorial de negociación do persoal do Servizo Galego de Saúde, composta por 15 membros (cinco do sindicato CIG, catro de CSIF, tres de CCOO e tres de UGT), repartidos en función da representación obtida nas eleccións celebradas en maio.

A reunión prodúcese despois de que se aplicasen na nómina de agosto as novas retribucións acordadas por unanimidade con todos os sindicatos e que incluían tamén melloras nas condicións de traballo coa dotación de 1.393 prazas nos orzamentos do Sergas para os próximos dous anos, o que suporá a redución de 16 días en xornada.

A mesa sectorial ten neste momento o importante reto de executar o maior proceso de estabilización de emprego en 105 categorías diferentes, co obxectivo de non superar o 8% de temporalidade.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde