MAIS DE 100 URÓLOGOS REÚNENSE HOXE EN PALEXCO PARA DEBATIR SOBRE OS ÚLTIMOS AVANCES EN PATOLOXÍA PROSTÁTICA E DE VEXIGA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 09 2023

Palexco acolle na xornada de hoxe o VI Curso da Asociación Americana de Uroloxía, na que mais de 100 urólogos nacionais e internacionais discutirán sobre os últimos avances en patoloxía urolóxica.

Trátase do VI Curso que organiza a Asociación Española de Uroloxía en colaboración co servizo de Uroloxía do CHUAC que dirixe Venancio Chantada Abal.

Ao longo desta xornada prestixiosos urólogos da Asociación Americana de Uroloxía exporán os últimos avances nos protocolos presentados no último congreso americano celebrado en Chicago (EEUU), ademais dunha revisión actualizada de esas materias.

Nesta VI edición do curso, un dos primeiros aspectos que se va a tratar é o do capítulo de uroloxía funcional e feminina, con especial relevancia da incontinencia urinaria e a vexiga hiperactiva, que provoca importantes limitacións na vida social e laboral do paciente. 

Outro capítulo a destacar, no que se produciron importantes avances nos últimos anos, é a abordaxe dos pacientes con cancro de próstata avanzado, con metástase ou nos que xa se desenvolveu unha resistencia ao tratamento hormonal clásico. Actualizándose os datos dos novos superantiandróxenos así como outros fármacos de recente aparición.

Con respecto ás novidades terapéuticas nos cancros de vexiga e de ril, destacar que a cirurxía minimamente invasiva conseguiu reducir de xeito importante a morbilidade destas patoloxías, así como os avances dos tratamentos de inmunoterapia, mellorando considerablemente a supervivencia destes pacientes permitindo unha mellor tolerancia comparada cos fármacos utilizados ata o de agora.

Por último, o outro punto de atención nesta reunión serán os avances mais destacados na cirurxía reconstrutiva utilizando o robot cirúrxico davinci, o que permitiu converter cirurxías complexas e de longa duración en mais eficientes, cunha menor invasividade e un aumento na seguridade para o paciente. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde