​O 061 DE GALICIA ASISTIU 61 PERSOAS POR 47 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 10 2023
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 61 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 6 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de outubro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 61 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

20

Lugo

10

Ourense

4

Pontevedra

13

Galicia

47

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 61. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 47 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

En 51 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde