​O 061 DE GALICIA ASISTIU 57 PERSOAS POR 40 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 10 2023
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 57 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de outubro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 16 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 40 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 57 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50% e do 50% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34,5% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

20

Lugo

7

Ourense

5

Pontevedra

8

Galicia

40

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde