Santiago de Compostela, 25 de outubro de
2023.- O cancro de mama metastásico é unha
realidade que afecta a máis de 30.000 persoas en Europa cada ano; máis de 2.000
delas en España. Entre eles, aproximadamente o 1% dos diagnósticos de cancro de
mama corresponden a homes. Para mostrar a realidade dos pacientes, a Asociación
Española Cancro de Mama Metastásico (AECMM) expón en Santiago de
Compostela unha colección de arte
dixital inspirada nas vivencias de persoas con esta patoloxía, no marco do
movemento #laMquefalta.
Trátase
dunha exposición de NFTs única, cuxo lanzamento contou coa colaboración da
Alianza Daiichi Sankyo | AstraZeneca e que está aberta ao público na entrada do
Hospital Clínico Universitario de Santiago ata o 29 de outubro. A mostra está
formada por 8 NFTs creados por 4 criptoartistas que se basearon nas historias
reais de 6 mulleres e 2 homes que padecen cancro de mama metastásico. Todos
eles coexisten coa enfermidade de diversas maneiras; con diferentes idades,
experiencias familiares, relacións de amizade e metástase linfáticas, óseas,
pulmonares, etcétera.
Pepa
Sánchez, paciente e representante da AECMM en Sevilla, é unha das protagonistas
da exposición. A súa obra, “Momentos de Luz”, é unha celebración e apreciación
dos pequenos momentos de amor e agarimo que vive no seu día a día, máis aló da
patoloxía, e reflicte que a situación que afronta fíxolle gozar e apreciar
aínda máis os momentos bos.
Para
o Dr. Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico
Universitario de Santiago, “ademais da tan necesaria visibilidade que require o
cancro de mama metastásico, é fundamental que os pacientes teñan acceso a un
diagnóstico certeiro de forma rápida, que inclúa o estudo molecular e a
secuenciación do tumor, para poder ofrecerlles o tratamento máis adecuado”.
Pola
súa banda, o Dr. Alfonso Varela, director asistencial da área Sanitaria de
Santiago de Compostela e Barbanza, destaca que “estamos avanzado na senda
correcta pero aínda nos queda camiño por percorrer. Contamos con novas
ferramentas de oncoloxía de precisión que nos permiten unha mellor abordaxe da
enfermidade avanzada e hoxe somos conscientes da relevancia de catalogar o
cancro de mama metastásico acorde coa bioloxía do tumor, en base ás súas
características xenéticas e metabólicas. A meta para alcanzar é unha medicina
cada vez máis individualizada e eficiente en beneficio dos e das pacientes”.
No
acto de presentación, María José Menor, subdirectora de Humanización, Calidade
e Atención á Cidadanía da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza,
destacou “o orgullo que supón para un centro como o de Santiago, un dos catro a
nivel nacional que visitará, acoller esta iniciativa e achegala á sociedade
galega para contribuír á concienciación sobre do cancro de mama metastásico”.
Así
mesmo, a iniciativa tamén tivo en conta as realidades de pacientes homes, xa
que a M que falta en cancro de mama non é só a de metastásico, senón tamén a de
masculino, moitas veces esquecido. Nestes casos, o prognóstico é aínda máis
complexo posto que os homes teñen máis posibilidades -un 49% fronte a un 33% no
caso das mulleres- de ser diagnosticados por primeira vez de cancro de mama en
estadio avanzado (xa sexa localizado ou a distancia). Ademais, en homes a taxa
de supervivencia é inferior, xa que presenta unha peor correlación entre o
estadio do diagnóstico e a efectividade do tratamento.
#laMquefalta
en cancro de mama
O
cancro de mama atópase en estadio metastásico cando se estende a outras partes
do organismo, máis aló da súa orixe primaria na mama. Hoxe en día continúa
sendo un dos grandes retos para a ciencia pola diversidade das súas
manifestacións clínicas, xa que a metástase pode localizarse en diferentes
partes do organismo como os ósos, o fígado, o cerebro ou os pulmóns. E é que se
calcula que o 30% das mulleres diagnosticadas en estadios temperáns sufrirán
recaídas ao longo da súa vida. Neste sentido, o movemento de concienciación
social #laMquefalta busca que o cancro de mama metastásico sexa xa unha realidade
máis visible, pero queda moito por facer. Aínda é necesario que a conversación
sobre o cancro de mama se complete coa “M” de metastásico e poñer no centro as
necesidades dos pacientes.
NA área compostelá diagnostícanse cada ano 450 casos de cancro de
mama (a maioría en mulleres de entre 50 e 65 anos) 90 metastásicos.
Aproximadamente a metade proceden do cribado do programa galego de detección
precoz, e son detectados en estadíos iniciais.
Segundo os últimos datos rexistrados cada vez
son máis as mulleres que participan neste cribado: máis dun 80% da poboación
diana. No ano 2021, o resultado final da
avaliación mamográfica foi do 97% de mulleres con resultado de normalidade
(negativo), mentres que preto do 3% das mulleres foron derivadas para unha valoración
clínica adicional. O resultados indican taxas do 3,7% de diagnósticos de cancro
por cada 1.000 mulleres (pero o 70% en estadíos precoces).
Neste senso lembrar que en Galicia ampliouse recentemente
o rango de idade da poboación diana para participar no programa de detección
precoz, que agora se estende ata os 74 anos de idade (antes ía dos 50 aos 70 e
agora abrangue ata os 74). Santiago conta cunha nova unidade de exploración no Clínico que empezou a
funcionar este mes de outubro.
Saúdos,