SUSPÉNDESE A VACINACIÓN GRIPE E COVID DE MAÑÁ SÁBADO EN FIMO POR MOR DA ALERTA VERMELLA METEREOLÓXICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 11 2023

​A Área Sanitaria de Ferrol suspende a vacinación conxunta Gripe Covid prevista para mañá no recinto Ferial Internacional de Mostras de Ferrol (FIMO) por mor da alerta vermella decretada polas autoridades por cuestións metereolóxicas, e que afectarán especialmente a esta Área de A Malata onde está emprazado o recinto para a vacinación.

As preto de 1.400 persoas convocadas para o día de mañá, sábado 4 de novembro, recibirán un SMS anulando a súa citación. Estas persoas serán chamadas novamente nos vindeiros días, cando as condicións metereolóxicas sexan máis favorables. Desculpas polo trastorno que esta medida adoptada por seguridade poda ocasionar.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde