HUMANIZACIÓN DA ÁREA SANITARIA DE FERROL REUNÍUSE ESTA MAÑÁ COA NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN AFFINOR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 11 2023

O Subdirector de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Ferrol, Juan Manuel González Lorenzo, reuniuse esta mañá no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol coa nova directiva da Asociación Affinor (Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste).

Durante esta xuntanza, González Lorenzo escoitou as inquedanzas deste colectivo que forma parte do Consello Asesor de Pacientes. Ámbalas dúas institucións coincidiron na necesidade dunha atención multidisciplinar desta patoloxía. Estaban presentes por parte de Affinor a nova presidenta, Elena López Blanco; a secretaria, María Aneiros Carballeira; a tesoureira, Lucía Moreda Santamaría; e a vogal, María Ángeles León.

Consello Asesor de Pacientes

Lembrar que o Consello Asesor de Pacientes é un órgano de carácter consultivo regulado na Orde de 16 de outubro de 2018, pola que se establece a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, e na que tamén recolle as  indicacións para incorporarse ó mesmo. Configúrase como un vehículo de implicación das asociacións nas que se agrupan os pacientes, canalizando a súa su participación e a das súas familias (ou das persoas que os representen ou que se responsabilicen do seu coidado), coa finalidade de participar e colaborar na mellora da calidade da asistencia sanitaria.

Este Consello creábase na Área Sanitaria de Ferrol no 2019. Estaba conformada de inicio por 19 asociacións da Área, e hoxe está integrado por 21 colectivos. Este Consello reuniuse en catro ocasións dende a súa creación, e mantivo xuntanzas telemáticas a pesar da pandemia.

Forman parte do Consello, Asociación Sociocultural ASCM, a Xunta local de Ferrol da Asociación Española contra o Cancro; Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal; a Liga Reumatolóxica Galega, AFEM, ALCER, ASOTRAME, FEGEREC, ACCU, AFAL, AGAVIDA, AGADHEMO, ADF, AMICOR, ASPANEPS, AFFINOR, AGAELA, ACEGA, AIRIÑOS, AGAL, e ASPANAES.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde