​A XUNTA DESTINA 3.2 M DE EUROS A RENOVAR TODOS OS TC DA ÁREA SANITARIA INCLUINDO UN DE ALTAS PRESTACIÓNS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 11 2023

Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, visitou hoxe o Hospital Universitario de Ourense, onde se puxo en funcionamento este mesmo ano o novo TC de altas prestacións, de tecnoloxía espectral, no marco dun investimento de 3.2 millóns de euros que a Xunta destinou a adquirir seis novos equipos, renovando así todos os existentes na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.

O novo TC Siemens Somaton Force, con imaxes en 4D de alta precisión e información funcional, é o último gran avance na imaxe diagnóstica, e ven da man do seu alto valor, 1.15 millóns de euros, que se multiplicou por sete (8.2 M) para dotar a cada unha das sete areas sanitarias galegas con un destes equipos de prestacións avanzadas, cunha cofinanciación, ao 40%, de fondos europeos Next Generation. 

Equipado con dobre fonte de enerxía, permite diferenciar os tecidos segundo a súa composición, o que amplifica as sutís diferenzas de densidade entre tecidos normais ou patolóxicos, facilitando a detección de pequenas lesións tumorais e a súa caracterización -un importante avance no diagnóstico e seguemento dos pacientes oncolóxicos-, xa que aporta un novo nivel de información, morfolóxico ou anatómico pero tamén funcional, o que permitirá mellorar o diagnóstico tamén do ictus coa creación de mapas de perfusión. 

A información funcional dos órganos e tecidos permite detectar alteracións no seu funcionamento,  especialmente útil nos estudos cardiolóxicos ou da vascularización dos tumores. Neste eido, tamén poderán traballar con biomarcadores, que permitirán unha mellora na detección temperá de lesións tumorais e na súa monitorización, prevendo e avaliando a resposta ante os tratamentos oncolóxicos.

Imaxe do corazón en menos dun latexo

Igualmente a nova ferramenta incorpora intelixencia polo que pode elaborar “estudos virtuais” sobre imaxes reais adquiridas, o que permite evitar algúns pasos nos estudos, por exemplo a fase sen contraste. Ademais as exploracións son moito máis rápidas e reducindose de xeito significativo a radiación, o que beneficia especialmente a pacientes oncolóxicos e pediátricos.

A rapidez na adquisición de imaxes permite realizar estudos cardiolóxicos e dos vasos coronarios con gran detalle, obtendo, por exemplo, unha imaxe completa do corazón en menos dun latexo. Ademais limita ao mínimo as alteracións da imaxe, debidas ao movemento da respiración ou presenza de implantes metálicos, características clave para estudos de pacientes inestables, procedentes das unidades de críticos ou Urxencias. Un gran avance en moitos eidos, desde os estudos pulmonares, aos de fígado, páncreas, colon, das vías biliares, renais ou de urolóxicos.

Coa súa posta en marcha en Ourense sustituye definitivamente el viejo equipo de 64 detentores (pasando a 192 con dos fuentes de rayos x) y se completa la total renovación de los cuatro tomógrafos con los que contaba el hospital universitario, uno de ellos tambén de prestaciones avanzadas para el Servicio de Oncología Radioterápica, por un importe de 508.200, con una inversión total de 2.622.660 . Junto a ello, a nivel provincial se adquirieron dos nuevos equipos para los hospitales de Valdeorras y Verín.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde