A ASOCIACIÓN GALEGA DE LINFEDEMA E OUTRAS PATOLOXÍAS INTÉGRASE NO CONSELLO ASESOR DE PACIENTES DA ASF
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 11 2023

​O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe a incorporación da Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficencia Venosa Crónica e Outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) ó Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol. Lembrar que o Consello Asesor de Pacientes é un órgano de carácter consultivo regulado na Orde de 16 de outubro de 2018, pola que se establece a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, e na que tamén recolle as indicacións para incorporarse ó mesmo. 

Configúrase como un vehículo de implicación das asociacións nas que se agrupan os pacientes, canalizando a súa su participación e a das súas familias (ou das persoas que os representen ou que se responsabilicen do seu coidado), coa finalidade de participar e colaborar na mellora da calidade da asistencia sanitaria.

Este Consello creábase na Área Sanitaria de Ferrol no 2019. Estaba conformada de inicio por 19 asociacións da Área, e hoxe está integrado por 22 colectivos. Este Consello reuniuse en catro ocasións dende a súa creación, e mantivo xuntanzas telemáticas a pesar da pandemia.

Forman parte do Consello, xunto con AGL como nova incorporación, a Asociación Sociocultural ASCM, a Xunta local de Ferrol da Asociación Española contra o Cancro; Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal; a Liga Reumatolóxica Galega, AFEM, ALCER, ASOTRAME, FEGEREC, ACCU, AFAL, AGAVIDA, AGADHEMO, ADF, AMICOR, ASPANEPS, AFFINOR, AGAELA, ACEGA, AIRIÑOS, AGAL, e ASPANAES.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde