DOUS SERVIZOS DA ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE GALARDOADOS COS PREMIOS BEST IN CLASS COMO MELLORES DA SÚA ESPECIALIDADE EN ESPAÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 11 2023

A concesión destes premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable con entre 100 e 150 indicadores, e entre eles destacan a atención ao usuario, a mortalidade, a taxa de infeccións, todo elo en función da especialidade.

O CHUAC gañou tres anos consecutivos o galardón ao mellor hospital de alta complexidade (2020-2021-2022) o que lle outorgou o máximo recoñecemento co premio 5 estrelas, excluíndoo de seguir a presentarse, segundo as bases da organización.

E este ano quedou como finalista entre todos os hospitais de España, nas categorías de unidade da dor, enfermidades infecciosas, farmacia hospitalaria, farmacia hospitalaria en IMIDIS, xinecoloxía e obstetricia, medicina preventiva, medicina física e rehabilitación, oncoloxía, neuroloxía, urxencias, VIH/SIDA, reumatoloxía e microbioloxía.

A Area Sanitaria obtivo tamén o recoñecemento, quedando tamén finalista, ao proxecto de humanización “atención integral na unidade de coordinación e apoio ás residencias sociosanitarias da Area de A Coruña e Cee” e na categoría de Atención Primaria Integrada. 

Os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer públicamente ao mellor centro de atención primaria, ao mellor hospital e a os mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes. Tanto os gañadores como os finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde