Mañá xoves, día 23 de novembro, a partir das 12:45 horas,
o salón de actos do CHUAC acolle o III SYMPOSIUM SOBRE ENFERMIDADES RESPIRATORIAS
MINORITARIAS, que organiza a Área Sanitaria da Coruña e Cee en colaboración coa
Fundación Profesor Nóvoa Santos.
Con este
Symposium, que por terceira vez que se organiza na nosa comunidade autónoma,
preténdese poñer en valor a aportación do CHUAC neste tipo de patoloxías, así
como dar a coñecer o gran número de enfermidades minoritarias relacionadas co
aparato respiratorio e a sólida estrutura de profesionais que existe en Galicia
para abordalas de xeito correcto.
Unha das
principais características desta reunión é que so existe unha iniciativa
nacional parecida na que nun único congreso se debaten as distintas
enfermidades raras respiratorias, sendo o habitual as reunións para tratar en
xeral as patoloxías neumolóxicas. A outra característica salientable é a
participación multidisciplinar de neumólogos e farmacéuticos, ademais de
xestores sanitarios.
Neste
symposium participan recoñecidos poñentes e destacados especialistas a nivel
autonómico, cunha dilatada experiencia clínica e investigadora neste tipo de
enfermidades. Entre eles, a Dra. Isabel Otero, médico adxunto do servizo de
neumoloxía do CHUAC que falará sobre a hipertensión arterial pulmonar ou Pedro
J. Marcos, director asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee, que
presentará unha ponencia sobre a intelixencia artificial e as enfermidades
respiratorias.