O CONSELLEIRO DE SANIDADE VISITA O CLÍNICO PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN A HUMANIZACIÓN DOS ESPAZOS DE ATENCIÓN PEDIÁTRICA REALIZADOS POLA FUNDACIÓN ANDREA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 11 2023

Santiago, 24 de novembro de 2023- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto á xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez Masid e a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, visitaron as Consultas Externas do Hospital Clínico, onde observaron de primeira man o labor realizado por esta Fundación na decoración da planta de Pediatría. Estiveron acompañados, entre outros, por Federico Martinón, xefe do Servizo de Pediatría, Luz Couce, xefa do Servizo de Neonatoloxía, María José Menor, subdirectora de Humanización e Calidade e Regina Martín de Vidales, subdirectora de Enfermería da área.

 

Esta iniciativa da Fundación Andrea ten como obxectivo principal humanizar os espazos de atención pediátrica, creando unha contorna acolledora e amigable para os nenos/as e as súas familias. A decoración inclúe elementos de vinilo nos corredores, rotulación de portas, cristaleiras e chans, así como elementos móbiles no teito. A temática escollida é o fomento de hábitos saudables e xogos ao aire libre

 

Ademais, instalouse un chan técnico para a creación dun parque e dotouse de mobiliario infantil tanto ao parque como ás zonas comúns das salas de espera e consultas. Tamén se asegurou a reposición permanente de material lúdico nos espazos comúns.  Levouse a cabo unha actuación no interior das dúas consultas de Neonatos mediante o vinilado de teitos e paredes.

 

A visita do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, é unha mostra do recoñecemento e apoio a esta iniciativa de humanización dos espazos de atención pediátrica, que contribúe a mellorar a experiencia dos nenos e as súas familias durante a súa estancia no hospital.

 

A xerente da área, Eloína Núñez manifestou estar “moi satisfeita co labor realizado pola Fundación Andrea. Esta iniciativa é fundamental para crear un entorno acolledor para os nosos pequenos pacientes e as súas familias. Queremos agradecerlle á Fundación Andrea o seu compromiso e dedicación en mellorar a experiencia dos niños durante a súas visitas ao hospital. Estamos seguros de que esta iniciativa terá un impacto positivo no benestar de nosos pacientes pediátricos."

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde