O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE CREA UNHA SECCIÓN DE IGUALDADE NO SEU DEPARTAMENTO DE RECURSOS HUMANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 12 2023
 


O Diario Oficial de Galicia (DOG), vén de publicar, a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Servizo Galego de Saúde, en virtude da que se crea un novo posto de traballo, para a Sección de Igualdade na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

A creación deste posto xustifícase na aprobación do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Servizo Galego de Saúde período 2021-2024 (DOG num. 202, de 20 de outubro)  cuxa execución e seguimento, así como dos futuros que se aproben, require da dotación dun posto estrutural na RPT desta Dirección Xeral.

Coa creación deste posto a Consellería de Sanidade reafírmase no seu compromiso cos valores e principios da igualdade de xénero, e coa necesidade de asignar todos os recursos necesarios para a definición, implantación e seguimento do Plan, coa finalidade última de integrar o principio de igualdade na cultura da organización sanitaria.

Entre conxunto de medidas que incorpora o Plan, destacan ás vencelladas coa maternidade e, en especial, aquelas que teñen como obxectivo evitar posibles prexuízos nas condicións salariais das mulleres embarazadas. Así, lembrou que en Galicia, xa desde o ano 2022, as profesionais do Sergas que estean de baixa por maternidade reciben a media das súas retribucións variables (gardas, noites e festivos).

A lei de Presupostos que a Xunta remitiu ao Parlamento de Galicia, o Executivo galego incluíu unha partida para estender o mantemento destas retribucións variables a todas aquelas baixas por continxencias comúns durante o embarazo.

Aprobado no ano 2021, entre os obxectivos principais do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Servizo Galego de Saúde atópanse promover a igualdade de xénero para acadar a igualdade real no trato e de oportunidades; así como diminuír desigualdades e desequilibrios que, aínda sendo de orixe cultural e social, se puidesen dar no Sergas. 

Así mesmo, tamén incide en formar, informar e sensibilizar sobre igualdade de trato e oportunidades, e sobre as necesidades específicas das mulleres e os homes; ou en vixiar de forma especial a discriminación indirecta, entendendo por esta, a situación na que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros, pon a unha persoa dun sexo en desvantaxe fronte a persoas do outro sexo.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde