O 061 DE GALICIA ASISTIU 96 PERSOAS POR 71 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A PONTE DA INMACULADA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 12 2023

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte da Inmaculada 96 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 7 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de decembro. O sábado e o domingo foron os días que rexistraron máis sinistros, con 25 accidentes de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 85 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 96 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

23

Lugo

10

Ourense

11

Pontevedra

27

Galicia

71

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 85. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 12 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nun sinistro, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 62 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 23 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde