O HOSPITAL NAVAL DO CHUF ACOLLE A EXPOSICIÓN ACHEGA SAÚDE DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 12 2023

O Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol acolle a mostra fotográfica Achega Saúde da Fundación Vicente Ferrer, que conmemora o 25 aniversario de voluntariado desta Fundación na India rural. É unha mostra fotográfica que xa percorreu máis de 50 centros sanitarios e educativos de toda España e que se inauguraba esta mañá no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. 

A exposición, na que se dan a coñecer o traballo e testemuños do persoal sanitario voluntario, ten como obxectivo recoñecer e visibilizar o seu labor durante estes 25 anos e sumar máis persoas ó proxecto de sanidade da ONG. Ó redor da exposición tamén se realizan actividades paralelas como visitas guiadas e charlas de sensibilización sobre o voluntariado e a súa importancia para mellorar este mundo. En Galicia son unha quincena os voluntarios desta Asociación.

A Área Sanitaria de Ferrol contaba esta mañá coa presenza de María Moldes Suárez, delegada para Galicia e Asturias da Fundación Vicente Ferrer; e de Ana Belén Picazo Delgado, técnica para Galicia e Asturias da Fundación Vicente Ferrer, que realizaban unha explicación presencial desta exposición ó xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva; ó subdirector de Humanización, Calildade e Atención á Cidadanñia, Juan Manuel González Lorenzo; e á responsable Oftalmoloxía do CHUF, Dolores Álvarez Díaz, coñecedora tamén desta actividade directamente como voluntaria. 

Esta exposición estará no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol dende hoxe e ata o vindeiro 15 de xaneiro. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde