O SERGAS CONSTITÚE 37 TRIBUNAIS DE PROCESOS SELECTIVOS DE PERSOAL FACULTATIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 12 2023

A Consellería de Sanidade acolleu esta mañá a derradeira xornada conxunta de constitución dos tribunais dun total de 37 procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde.

A subdirectora xeral de Selección de Persoal da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, María José Montero Furelos, agradeceu o traballo que realizarán as persoas que integran os distintos tribunais cualificadores que se constituíron nos últimos tres días e que foron nomeados por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado venres día 15​. A continuación, comezou a exposición do desenvolvemento dos exercicios e as medidas de seguridade da plataforma de introdución das preguntas por parte dos distintos membros do tribunal e a posterior impresión dos exames.

Os tribunais, compostos cada un deles por cinco persoas, xulgarán os procesos selectivos para o ingreso no Sergas ás categorías de facultativo especialista de área en diversas especialidades hospitalarias (anestesia, cirurxía, pediatría, traumatoloxía...), médico asistencial 061, médico coordinador 061 e médico de admisión e documentación clínica.

Os exames destes procesos convocados polo sistema de concurso-oposición desenvolveranse no mes de marzo de 2024.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde