A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo.
A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.
Desprazamentos
Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Martes
26
de
decembro
|
Praza
de España (Ferrol), Los Rosales (A Coruña), Coristanco,
Negreira, Cabo de Cruz (Boiro), Catoira, O Calvario (Vigo),
Ponteareas, Mondoñedo, Leiro, Beade, Pobra de Trives.
|
Mércores
27
de
decembro
|
Ares,
Os mallos (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), Melide, Praza Roxa
(Santiago), Moraña, As Travesas (Vigo), Ponteareas, Praza Maior
(Lugo) Trasmiras, Cualedro.
|
Xoves
28
de
decembro
|
Ortigueira,
Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Malpica, Bertamiráns
(Ames), A Picota (Mazaricos), Cuntis, Teis (Vigo), Gondomar,
Sarria, O Barco de Valdeorras.
|
Venres
29
de
decembro
|
Fene,
Cee, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, Trazo, A Estrada,
Tui, Cabral (Vigo), Vilalba, Allariz.
|
Sábado
30
de
decembro
|
Fene,
Cantón
-Obelisco (A Coruña), Padrón, A Estrada, Tui, Vilalba.
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
PRAZA
PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 15 ás 22. horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 8 ás 15 horas
Martes,
mércores e xoves das 15 ás 22 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.