​O 061 DE GALICIA ASISTIU 46 PERSOAS POR 37 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 01 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 46 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xaneiro. O venres foi o día que rexistr​ou máis sinistros, con 16 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 37 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 46 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 39% e do 61% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 16 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

16

Lugo

6

Ourense

6

Pontevedra

9

Galicia

37

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 47. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 5 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 38 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde