A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA GALEGA A DOAR NESTE PRIMEIRO MES DO ANO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 01 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue neste primeiro mes do ano, de maneira especial aos doantes 0 Positivo, A Negativo e A positivo, xa que nos últimos días detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Ademais, cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial.

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos hospitais galegos son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns.

Así mesmo, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:

DATA

CONCELLOS

Venres 12

de xaneiro

Irixoa, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Noia, Marín, A Guarda, Goián (Tomiño), C.C. As Termas (Lugo), Xinzo de Limia.

Sábado 13

de xaneiro

Arteixo, Ribeira, Marín, A Guarda.

Luns 15

de xaneiro

Autoridade Portuaria e Praza de España (Ferrol), Edificio Administrativo da Xunta e Elviña (A Coruña), Corcubión, Polígono do Tambre (Santiago), Sta. Cruz de Rivadulla (Vedra),

O Grove, As Travesas e Balaídos (Vigo), Foz, Rúa do Paseo (Ourense), Maceda.

Martes 16

de xaneiro

Policia Nacional e Praza de España (Ferrol), Colegio Liceo La Paz e Urb. Matogrande

(A Coruña), Zas,Sigüeiro (Oroso), I.E.S. Espiñeira (Boiro), Dena (Meaño), Porriño, Torrecedeira (Vigo), Láncara, A Cañiza.

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 8 ás 22 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE

Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 15 ás 22 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 8 ás 15 horas

Martes, mércores e xoves das 15 ás 22 horas


HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde