A XUNTA DÁ O ÚLTIMO PASO PARA ADXUDICAR SEN OPOSICIÓN 72 PRAZAS FIXAS DE PEDIATRÍA EN ATENCIÓN PRIMARIA E HOSPITAIS COMARCAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 02 2024
 

O Servizo Galego de Saúde publica hoxe, na súa páxina web, a relación de profesionais de pediatría que obteñen praza en dous procesos selectivos por concurso de méritos, 60 prazas para atención primaria e 12 para hospitais comarcais (1 por quenda de discapacidade e 3 por promoción interna). 

Unha vez publicada a próxima semana no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, abrirase un prazo de 10 días para que as persoas aspirantes soliciten destinos e aporten a documentación correspondente. Tralo preceptivo proceso de comprobación da documentación e solicitude de subsanación de emendas, o Sergas elaborará a resolución final de adxudicación destas 72 prazas, que será remitida ao DOG previsiblemente a comezos do mes de marzo para abrir, a partir de entón, o prazo de toma de posesión destes 72 profesionais nas súas novas prazas fixas.

A convocatoria establece un procedemento que permite que, no suposto de non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido dalgún aspirante seleccionado, a Administración sanitaria poida seleccionar a novos aspirantes, atendendo á puntuación que resulte da lista definitiva do proceso entre aqueles aspirantes que teñan elixido os destinos non adxudicados.

Neste proceso, o número de persoas presentadas é de 106 na categoría de pediatra de atención primaria e 75 na de facultativo especialista en pediatría e as súas áreas específicas, facendo un total de 181 solicitudes.

Coa finalidade de diminuír o déficit de persoal sanitario de diversas especialidades, en Galicia aprobouse, en outubro de 2022, a Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Sergas, que establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega. O acceso sen proba de exame, resulta da baremación de méritos de experiencia, formación académica e continuada, publicacións, entre outras.


A distribución das prazas a elixir en atención primaria é a seguinte: 


PEDIATRA ATENCIÓN PRIMARIA
ÁREA SANITARIA CENTRO DE SAÚDE
A.S. A CORUÑA E CEE Arteixo
Cambre
Carballo
Vimianzo
Matogrande
Matogrande
Ponteceso-Corme
O Ventorrillo
O Ventorrillo
Fisterra
Muxía-Dumbría
Sada
TOTAL A.S. CORUÑA E CEE 12


A.S. FERROL Fontenla Maristany
Fontenla Maristany
Ortigueira-Cariño
TOTAL A.S. FERROL 3


A.S. SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA Rianxo
Ribeira
Silleda-Vila de Cruces
Mazaricos-A Baña
Ames-Bertamiráns
Boiro
Lalín
Valga
Teo-Cacheiras
TOTAL A.S. SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA 9


A.S. LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS Mondoñedo
Viveiro
Viveiro
Cervo
Chantada
Monterroso
Quiroga-Escairón- A Pobra do Brollón-Bóveda-Rubián
Vilalba
Vilalba
TOTAL A.S. LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS 9


A.S. OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS Verín
Maceda-Trives-Castro Caldelas
A Ponte/O Carballiño
O Barco de Valdeorras
Verín
TOTAL A.S. OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS 5


A.S. VIGO Ponteareas 
Ponteareas
Rúa Cuba 
A Cañiza
Pintor Colmeiro 
A Doblada 
A Doblada 
Rúa Cuba 
Tui 
Tomiño
Cangas
Moaña
Moaña
Mondariz/Covelo
Redondela
TOTAL A.S. VIGO 15


A.S. PONTEVEDRA E O SALNÉS Sanxenxo
Sanxenxo-Baltar
Vilagarcía de Arousa
A Lama-Cerdedo-Cotobade-Ponte Caldelas
Moraña-Cuntis
A Illa de Arousa-Ribadumia
O Grove
TOTAL A.S. PONTEVEDRA E O SALNÉS 7


TOTAL SERGAS 60


A distribución das prazas a elixir en hospitais comarcais é a seguinte:

HOSPITAIS COMARCAIS
AREA SANITARIA HOSPITAL ESPECIALIDADE PRAZAS
A.S. SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA Hospital Público de Barbanza Pediatría e as súas áreas específicas 2
A.S. LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS Hospital Público da Mariña Pediatría e as súas áreas específicas 2
A.S. LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS Hospital Público de Monforte de Lemos Pediatría e as súas áreas específicas 1
A.S. OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS Hospital público do Barco de Valdeorras Pediatría e as súas áreas específicas 1
A.S. OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS Hospital público de Verín Pediatría e as súas áreas específicas 2
A.S. PONTEVEDRA E O SALNÉS Hospital público do Salnés Pediatría e as súas áreas específicas 4




TOTAL SERGAS

12

Cobertura de máis de 100 prazas de medicina de familia

Polo mesmo sistema de concurso, esta semana comezou a incorporación de 42 médicos de familia de atención primaria e de 64 facultativos especialistas de atención primaria. Así, o Sergas consegue incorporar 106 médicos de atención primaria con carácter fixo.

Con este proceso, complétase a estabilización por concurso de méritos na categoría de médico de familia. Previamente, incorporouse o persoal de enfermería por concurso de méritos de estabilización, sendo Galicia a primeira nos procesos de estabilización. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde