​O 061 DE GALICIA ASISTIU 65 PERSOAS POR 43 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 02 2024
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 65 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 2 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de febreiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 53 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 52% e do 48% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

14

Lugo

3

Ourense

6

Pontevedra

20

Galicia

43

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 61. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dúas as ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde