MÁIS DE 1.100 ALUMNOS DE 20 CENTROS EDUCATIVOS PARTICIPAN EN REIMAXINA A CIENCIA GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 02 2024

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu hoxe ao acto Reimaxina a Ciencia: ensaios clínicos, investigación e desenvolvemento de medicamentos, unha iniciativa formativa para axudar á xuventude a entender que son os ensaios clínicos, e porque son importantes para a investigación e desenvolvemento de medicamentos. No acto, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa.

O obxectivo é facer chegar ás aulas, tanto ao profesorado como ao alumnado, a misión e os retos sociais da ciencia. Nesta segunda edición, a participación é de dun total de 1.160 alumnos de 20 centros educativos, de 1º de ESO  a  2º de Bacharelato.

Na organización desta edición de Reimaxina a Ciencia, iniciativa impulsada por Novartis, están a participar a Consellería de Sanidade, a través da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), a Asociación The Big Van Theory, xunto coa colaboración da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Biomédica Galicia Sur e a Fundación Profesor Novoa Santos.

O Programa tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía dunha maneira amena e divertida á xuventude, ademais de fomentar vocacións científicas-tecnolóxicas, así como impulsar oportunidades profesionais na contorna da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas, dun xeito ameno e divertido. 

O programa o realizan científicos profesionais a nivel nacional adheridos á Asociación The Big Bang Theory (Big Van Ciencia) que, dende 2013, efectúan actividades por toda España tratando de contar como é a ciencia dun xeito accesible e divertido a través de espectáculos en teatro, radio, televisión, e publicacións.

Vigo foi, no día de onte, a primeira parada destes monólogos científicos sobre ensaios clínicos na Farmacia. Hoxe, o acto celebrouse en Santiago de Compostela, e mañá será na Coruña.

Tras a asistencia a estas actividades, convídase aos escolares á participación nun concurso elaborando vídeos propios nos que mostrar a súa capacidade de comunicar ciencia. 

Os vídeos seleccionados serán presentados en directo nunha gala amenizada por Big Van Ciencia. Un xurado composto por membros da comunidade cultural, educativa e científica elixirá o vídeo gañador.

A gala científica celebrarase o 22 de abril de 2024 no salón de actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde