REALIZADO CON ÉXITO O TRASLADO Á NOVA UNIDADE COIDADOS INTENSIVOS DO CHUAC
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 02 2024

​Onte á tarde deu por rematado o traslado dos pacientes das unidades de coidados intensivos de politraumatizados e de coidados intermedios que se atopaban no quinto andar, logo dunha importante planificación que non foi sinxela polo delicado dos pacientes e dos requerimentos técnicos. Deste xeito complétase un bloque integral de coidados críticos nesta sexta planta.

Esta nova unidade de coidados intensivos posta en marcha onte, que conta con 29 postos individuais, sitúase a continuación da actual UCI de coronarias, dotada con 15 postos, e utiliza o mesmo esquema organizativo que esta.  

Esta é una aposta clara por este tipo de espazos a raíz da pandemia, onde se comprobou que o manexo das enfermidades infecciosas era máis operativo en espazos como este. Ademais, esta medida encaixa coa Estratexia de Humanización do Sergas, xa que estes espazos individualizados facilitan o confort de pacientes e familiares.

Os espazos como o posto en marcha hoxe facilitan as contornas máis humanizadas a todos os pacientes críticos, sendo un modelo de UCI que existe nos hospitais máis modernos do noso país.


Investimento de preto de 20 millóns de euros

Coa posta en marcha deste novo espazo, a Xunta está a pechar unha fase que supuxo en total un investimento de preto de 20 M€, entre os 13 da obra e os case que sete de equipamento. Case a metade dese investimento en equipos, uns tres millóns, foi destinado á UCI para as camas de críticos, respiradores, ecógrafos, equipos de monitorización, entre outro aparataxe.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde